top of page

Simbolismo

Neste espacio tratarei de agrupar e recopilar unha serie de artigos creados durante a miña estancia na fecunda comarca dos Ancares, foron 2 anos que terminaron por se converter nunha particular residencia artística de creación, polas marxes dos circuitos convencionais. 

Escritos inspirados pola montaña, algúns deles xurdiron a partir da visita a diferentes templos ou igrexas da comarca, as cales se atopan maioritariamente nun estado de abandono e desuso. Penetrar nos tesouros ocultos da montaña lucense permitiume profundar un pouco máis nos meus estudos en simbolismo, partindo dunha realidade material que comeza na propia dificultade para acceder ás chaves que abren as portas do interior destes templos, e continúa por un camiño que nos conduce cara a outra orde de realidade na que tratar de intuír espiritualmente o que materialmente ou históricamente é inaprensible. Aínda algúns dos habitantes desta terra conservan na súa pel algo do aroma propio do simbolismo co que comprender o mundo máis aló das comodidades ou incomodidades materiais. Os 2 anos que vivín en Doncos coincidiron cos últimos anos de vida do meu pai, dalgunha maneira inconsciente a miña estancia nos Ancares foi no fondo unha particular despedida e homenaxe a todo o amor, a pureza, a bondade e a humildade que a súa vida nos regalou. Seguramente él nunca imaxinaría que podería chegar a converterse no impulsor de tan valiosa inspiración. Sublimación foi a palabra que empregou Freud para definir a capacidade de canalizar ou transformar as pulsións máis instintivas e problemáticas cara un fin máis elevado e positivo, literalmente facer unha transición dende unha sustancia que pasa directamente do estado sólido ao estado gaseoso, do material ao espiritual. Algunha vez téñenme incomodado as preguntas que pretendían indagar nos motivos polos que decidira instalarme no rural, nin eu mesma os entendía, as motivacións máis verdadeiras non se poden explicar, únicamente pode unha facer o esforzo de tratar de escoitalas mellor.

2

Con esta temática he agrupado algunos artículos en los que he tratado de apuntar ideas recogidas en diferentes lecturas y vídeos, cuyas enseñanzas ahondan enormemente en la complejidad de la mente del ser humano. La profundidad con la que el psicoanálisis ha estudiado la psicología humana encuentra un paralelismo verdaderamente brillante con la profundidad de la tradición sagrada, mítica y sapiencial, no es casual que precisamente Freud haya basado gran parte de sus descubrimientos científicos en el conocimiento profundo de la mitología griega. Este puente de unión entre, por una parte la tradición greco-romana reflejada en el estudio de la mitología y por otra la tradición judía heredada de su familia, ha dado como resultado uno de los pocos ejemplos en la modernidad de ciencia plenamente integrada con humanismo. 

3

A partir del estudio de los textos bíblicos he ido agrupando diferentes trabajos que me han servido para investigar y profundizar mejor en la riqueza infinita y eterna de estos textos. Tomarse el detenimiento necesario y deleitarse en cada versículo de la Biblia nos permite descubrir cómo en cada uno está a su vez toda ella contenida, introducirse en este universo es como entrar en una sala de espejos del infinito.

bottom of page