top of page
  • Foto del escritorMarta Cuba

As ilusións

No deserto hai oasis e espellismos. O principal traballo de toda vida humana é aprender a recoñecer a diferenza. Non é doado. Por máis que da desilusión nazan promesas, libros e casamentos, segue sen ser doado. A forza que precisamos para construír é a forza que precisamos para derrubar: unicamente muda a dirección do vento. “Non podemos camiñar con fame baixo o sol. Dános sempre o mesmo pan, o teu corpo de sangue, Señor”. Atopas certo consolo no movemento das árbores e nas súas filigranas de sombra, e mesmo che parece que podes ver impresas, sobre o muro, as pegadas da túa mortalidade. María do Cebreiro

0 visualizaciones

Comments


bottom of page