top of page
Foto del escritorMarta Cuba

Santa María de Carracedo


Mosteiro de Santa María de Carracedo

Cando hai pouco máis dun ano fun de visita ao mosteiro de Santa María de Penamaior, en Becerreá, sabía que máis cedo que tarde a visita debía continuar en Santa María de Carracedo, pois o mosteiro galego estivo baixo xurisprudencia do berciano, ambos os dous pertencentes á Orde do Cister.

Segundo o estudoso Louis J. Lekai, “o admirable éxito dos cistercienses non se deriva da orixinalidade do seu ideal monástico, senón do harmonioso equilibrio entre ideas tradicionais e modernas, ben adaptadas ás necesidades espirituais dunha nova civilización e propagadas por organizadores xeniais, consolidadas e conservadas grazas a unha administración posta a punto perfectamente”.

É indubidable o desenvolvemento que impulsou esta orde especialmente vínculada co rural e o traballo agrícola, introducindo en Galicia numerosos avances xa non só culturais e espirituais, tamén tecnolóxicos, en canto a metodoloxías de traballo, desenvolvemento de técnicas agrarias descoñecidas ata o momento ou a repoboación de gran cantidade de terras ermas. O Cister xurdiu como un movemento renovador que pretendía retornar á pureza e poñer fin á degradación moral que acusaba a Igrexa. O extraordinario desenvolvemento dos seus mosteiros, centros de actividade económica e refuxios de cultura, revela a esencia dun movemento que superou o ámbito puramente relixioso e que supuxo unha auténtica revolución. En palabras do historiador Luís Pablo Martínez, o Cister “abriu unha brecha no panorama ideolóxico do mundo occidental, dominado dende a Antigüedade polo ideal aristocrático de rexeitamento ao traballo físico. Á dignificación do traballo manual seguiu, de forma natural, a dignificación das artes mecánicas e mesmo a tutela do progreso tecnolóxico”.


Recollemos aquí alguns comentarios sacados dun blog creado por un monxe cisterciense contemporáneo, José Antonio Vázquez. 


Como ya he señalado en otras ocasiones, no se puede entender el fenómeno cisterciense, del que el Temple es una manifestación, sin comprender la situación de la cultura y la sociedad europea en el momento de su nacimiento.
El siglo XII es un siglo fundamental para comprender la historia europea, en él se intentó llevar a cabo una revolución social y cultural progresista, por parte de una serie de movimientos místicos que hicieron una crítica a la sociedad feudal y a la Iglesia comprometida con ella.
Pero la experiencia central de la espiritualidad templaria no fue la experiencia esotérica, sino la experiencia monástica cisterciense, una experiencia mística centrada en el Amor y con un fuerte contenido de compromiso político y social. Una experiencia más allá de la religión institucional, pero no contraria a ésta, sino deseosa de su transformación y renovación. La experiencia que Císter trató de transmitir no era sólo una experiencia interna y espiritual sino una experiencia integral, que abarcaba a los ámbitos sociales y políticos, promoviendo una sociedad más fraterna, más democrática y solidaria, en la medida que las circunstancias de la época lo permitían.

O mosteiro de Carracedo foi fundado no ano 990 por Bermudo II, pero no século XII será reformado. Orixinalmente benedictino, acepta a regra cisterciense no 1200, incorporándose á casa nai de Citeaux (Borgoña), feito que se confirmará de forma definitiva polo Papa Inocencio III no ano 1203. Ao quedar exonerado de abonar os impostos pontificios e os peitos reais acrecentouse a riqueza e o poder que o mosteiro acumulaba dende a segunda metade do século XII.


Vista dende o claustro da fachada da sala capitular.



Mirador da sala denominada “Cociña da raiña”
Galería mirador da sala da ‘Cociña da raíña’

Cociña da raíña

Claustro
Porta de entrada á sala capitular, diredes que son fantasiosa de máis, pero a min esta vista faime pensar no símbolismo do útero, un útero exquisitamente labrado en pedra.

A sala capitular é un dos espacios de época medieval mellor conservados do mosteiro, a única que conserva a súa traza primitiva de todos os cenobios cistercienses de León. Construida a finais do século XII e comenzos do XIII. 


No muro frontal á entrada, centrada no medio da parede, está a entrada de auga ao mosteiro _polo Leste, un lugar cargado de simbolismo_ que, encañada en tubos de pedra e mostrándonos o ventre do sifón e un rexistro, dirixíase á fonte que existiu no centro do claustro e desde alí á cociña. Este espazo refíxose en época moderan, acollendo un altar cuberto con bóveda de canón, pintada, por última vez no ano 1817, con pilastrillas e casetones con flores neoclásicos.


Capiteis da sala Capitular, con leóns e arpías.


Fachada norte da entrada á antiga igrexa, dende o claustro. Motivos típicamente románicos.
Ménsula decorda con dous leóns

Sala do oratorio do abade, o simbolismo é aquí moi claro, do cadrado pasamos a un octógono e do octógono ao círculo. O encontro da terra co ceo ábrese aquí ademáis cunha altura prodixiosa.


Foto sacada da páxina de Arteguias
Cristo en maxestade na chave de bóveda da sala do oratorio.
Decoración con dous grifos


Referencias

5 visualizaciones

Comments


bottom of page