top of page
  • Foto del escritorMarta Cuba

Baleiro

O misterio da trinidade é un símbolo extraordinario que habita en nós ao mesmo tempo que nós nel, é unha imaxe da alma na súa triple proxección que nos expresa unha realidade propia, tanto do ser humano coma do ser universal do cal é un reflexo. Sendo unha, cando descende ao plano material, a alma vólvese múltiple, mais conserva unha porción primeira que queda arriba i é trascendente, a súa proxección última anima a materia e no medio das dúas queda unha parte racional que pode mirar a ambos lados. Así, sendo unha, son tres.

«Hay que admitir, en cambio, que, de nuestra alma, una parte está siempre aplicada a las cosas de allá, otra vuelta a las de acá y otra en medio de ambas. Porque ocurre que, como nuestra alma es una sola naturaleza en multitud de potencias, unas veces toda ella es transportada junto con la parte mejor de sí y del Ser, pero otras la parte peor de ella, arrastrada hacia abajo, arrastra consigo la parte intermedia. Pues no sería justo que arrastrase consigo el alma entera. (El alma intelectiva no desciende jamás). Y ese percance le acontece al alma porque no se quedó en la región sublime, allí donde permanece el Alma que no es parte y de la que nosotros ya no somos parte (porque el alma encarnada es un alma particularizada), dando así al cuerpo mismo universal la posibilidad de recibir cuanto es capaz de recibir de ella, al par que ella misma se queda ociosamente, no gobernando por la reflexión ni rectificando cosa alguna, sino ordenando con potencia maravillosa merced a su contemplación centrada en quien es anterior a ella… Y así, recibiendo de allá, da al siguiente; y como quien ilumina por siempre, así es iluminada.» Plotino (c. 270 d.c.) Enéada II (9 Contra los gnósticos, 2)

As Tres Gracias e Hermes-Mercurio representados na Primavera, de Sandro Botticelli, gran pintor renacentista italiano que transmite con enorme beleza o clima refinado do círculo neoplatónico florentino

O símbolo da trinidade non pode ser máis bonito e apropiado para expresar a realidade de que somos un vértice triangular entre o que recollemos da herdanza dos nosos devanceiros e o que facemos con iso para proxectalo cara ao futuro, a vida solamente se entende hacia atrás. Estamos sempre entre dous mundos, e canto máis rexeitamos un, menos agarre atopamos no outro. Na iconografía das Tres Gracias vémolo preciosamente recollido, son tres as mulleres que entrelazadas entre sí inician unha danza que comeza a partir da capacidade de recibir, agradecer e integrar o recibido, unha delas danos a espalda, pois debe mirar máis alá deste mundo material.

O Tao (ou Dao) procrea o Un,
o Un procrea o Dous,
o Dous procrea o Tres,
o Tres procrea dez mil seres.
Lao Tse 

Para quen tivo a oportunidade e a sorte de convivir ou vivir inmerso no rural galego, éste ofreceunos a posibilidade dunha conexión xa case imperceptible, con esa cosmovisión medieval que a modernidade leva séculos eliminando. O mito do progreso fíxonos, máis ca nunca, vivir na falsedade de que a terra é plana, pode que efectivamente o terraplanismo nos esté a falar dunha ilusión na que vivimos inmersos. A cosmovisión que ofrece o mundo moderno sostida na idea de progreso non é outra que unha liña recta avanzando sempre cara adiante e deixando atrás todo o que non sirve (o lixo é algo que antes non existía e tamén o maior invento da nosa civilización). Así é como tiveron que vivir os nosos pais, avanzando cara adiante e sen mirar atrás, cara a un mundo que prometía ser mellor que o anterior. Moitos non puideron permitirse mirar atrás, pero a nós tocounos, precisamente pola distancia que gañamos, poder afrontar a dor que supón constatar a agonía e a morte dese mundo rescatado do lixo que deu vida aos nosos pais, aos nosos avós, aos nosos bisavós e a todo un longo etcétera de xeracións que poderían chegar ata o neolítico. Levamos no ADN o peso dese mundo que non pode ser comprendido dende apenas un recén creado, racionalista e plano mundo moderno. Na superioridade moral que o caracteriza, chegamos a crer mesmo que as cosmovisións que máis plenamente integradas viviron no coñecemento de que a terra é redonda, eran en realidade ignorantes diso, só porque aínda non o demostraban científicamente. E sen embargo as demostracións científicas de redondez, fixeron o noso mundo máis plano.

O dous é a dualidade, o tres a multiplicidade e o movemento, catro son as estacións, as idades do home ou os puntos cardinais, cinco son os elementos que xeneran o mundo, seis partes do corpo son os brazos, as pernas a cabeza e o tronco, sete son as notas musicais ou os días da semana, o oito son as dúas serpes entrelazándose no caduceo, o equilibrio entre forzas antogónicas ou o infinito, nove é o número da vida, a medida das xestacións e das búsquedas fructuosas, nove son os círculos infernais e dez son os ciclos do ceo e o retorno á unidade. As constantes voltas crean todas as cousas.




Libro Tibetano dos mortos.

Visión de deidades serenas según o Bardo thodol, thangka tibetano, século XIX, Museo Guimet


90 anos tiña meu pai cando faleceu o pasado sábado, 30 de setembro. Él simboliza para min unha parte do rural galego, o espazo da quietude e do misterio, da auga como elemento que nunca opón resistencia, o espíritu sobrevivindo a un corpo que non era máis que ósos, a herdanza desa gran capacidade de se converter humildemente en vaso, en recipiente ou en cuba, no que ser quen de transportar o baleiro, a lingua dos paxaros e das árbores, un delgadiño fío de onde poder tirar para descubrir tesouros máis grandes que nin él mesmo podía imaxinar que gardaba. Cada ser humano ten a capacidade de recoller en sí mesmo o que recibe da natureza, dos seus ancestros, agradecelo e transformalo, levantar as capas de brétema e de oscuridade que aprisionan a nosa verdadeira natureza.

Tanto meu pai como miña nai naceron en aldeas, próximas entre sí, da parroquia de San Simón. O mundo material pode estar clasificado en parroquias ou en concellos, pero igualmente non é máis que unha descrición relativa que nos contamos uns a outros desde que nacemos ata que morremos, é un relato ao que nos adherimos para converternos en membros da sociedade e ser aceptados por ela. Sen esa fantasía non sobreviviriamos, mais unha fantasía que corre o risco de se converter nunha rocha inamovible: “as cousas son así”.

A tradición cristiá cóntanos que hai dous lugares nos cales non existe o mal, un é o xardín de Edén (paraíso terrestre) e outro é a Xerusalén celestial (paraíso celeste), a miúdo agarrámonos fortemente ao primeiro, pois é o que nos dan xa feito e construido, o segundo debemos construílo nós. Non hai forma de percorrer o camiño dun a outro se non é a través da caída, o pecado ou o coñecemento do mal. Pouco a pouco imos descubrindo que tamén os conceptos de ben e mal son relativos, o ben de onte sexa tal vez o mal de hoxe, ou incluso o ben de hoxe poida ser un desastre para o futuro próximo ou inmediato. Cada un de nós vive nun espazo-tempo diferente según o seu vértice do triángulo, polo cal tamén o hoxe e o onte non son exactamente o mesmo para todos.

A descrición do mundo que nos dan aqueles que nos acollen ao chegar ofrécenos un berce, unha orixe, unha mirada que nos acolle ao mesmo tempo que nos fai estar presos dos seus ollos, pois con eles somos recoñecidos e aprobados. A procura de recoñecemento (por pequeno que sexa) esíxenos repetir o mesmo xesto, e con ese mesmo xesto podemos ter a garantía de seguir sendo os mesmos, garantindo a nosa pequena dose de aprobación. Saimos do paraíso perdido ao noso pesar, o sufrimento e a dor axúdannos a constatar que en efecto perder o mundo é o primeiro paso para poder reencontralo. A morte interrompe ese xesto e esa descrición que nos facemos normalmente das cousas. Fainos perder agarre na idea do mundo que tiñamos, e gañar así capacidade de ver máis alá. Afloxamos un pouco o agarre dunha desas Tres Gracias para apretar mellor a daquela que dá a espalda ao mundo da materia e mira un pouco máis arriba.

Foron uns milisegundos de perda de agarre os que se manifestaron nun símbolo tan sinxelo como o de unha lámpada que se apaga, así ocorreu momentos antes do último alento do meu pai, durante uns milisegundos a cegueira anticipou a visión, quedar cego antes de poder ver, unha luz apágase na terra para encenderse no ceo. Non é solamente nun día que se morre ou se renace, son moitas as mortes e resurreccións que se suceden cada vez que dormimos e despertamos, moitas as transformacións que se producen nunha vida. A morte ensínanos a perder a vista e o oído nun mundo, para así gañalos no outro. Perder o amarre que supoñen os pensamentos a partir dos cales somos alguén para os outros, construímonos e tecémonos en relación aos pensamentos do outro, fannos de sostén como tamén de cárcere, a fixeza deses tecidos debilítanos, alónxanos da Vida. Doe descubrir que moitas desas redes que nos sostiveron nun principio non eran o que parecían ser, fixeron a súa función precisamente polos ocos que deixaron baleiros, alí por onde menos pensaron que podían sernos de axuda, foi alí onde máis acougo e forza atopamos. A morte (Thanatos) é irmá de Hypnos, o soño, e ambas son fillas da Noite.

Así que les digo un misterio: no todos dormiremos (moriremos), pero todos seremos transformados en un momento, en un abrir y cerrar de ojos, a la trompeta final. Pues la trompeta sonará y los muertos resucitarán incorruptibles, y nosotros seremos transformados. Porque es necesario que esto corruptible se vista de incorrupción, y esto mortal se vista de inmortalidad. Pero cuando esto corruptible se haya vestido de incorrupción, y esto mortal se haya vestido de inmortalidad, entonces se cumplirá la palabra que está escrita: “Devorada ha sido la muerte en victoria. “¿Donde esta, oh muerte, tu victoria? ¿Donde, oh sepulcro, tu aguijón?” El aguijón de la muerte es el pecado, y el poder del pecado es la ley; pero a Dios gracias, que nos da la victoria por medio de nuestro Señor Jesucristo. 1 Corintios 15:51–57
Mas hay otra luz: la sombría luz de los misterios, la luz que alumbra no a las imágenes visibles, visiones del alma y de la inteligencia, sino al mundo sagrado no revelado todavía, al mundo del padecer humano en todo su misterio y su enigma.


María Zambrano
0 visualizaciones

Comentarios


bottom of page