top of page
Foto del escritorMarta Cuba

Castroverde

Fai uns anos soñei con Castroverde, isto foi certo, hai lugares que, solo polo seu nome, parece que xa formaran parte dunha, resulta curioso que nunha terra tan verde como Galicia ainda haxa un lugar que poida diferenciarse máis do resto por ser verde. Ista cualidade do verdor é algo co que soño moitas veces, bueno, isto non é tan certo, pero igualmente está presente nos meus soños. Unha vez soñei cun río que as veces é mar… O río é Lugo i o mar A Coruña, eu solamente as veces son coruñesa, isto non o digo eu, dino os meus ancestros.

O pasado venres tiven a oportunidade de bailar en Castroverde (un soño cumprido). Con motivo da presentación do recentemente formado grupo creativo de Os nabos de Gracián e do seu libro coxunto, tamén titulado Os nabos de Gracián. Tivemos a oportunidade de compartir un bonito encontro entre autores e público, un espazo construido coa enorme xenerosidade e agarimo da xente de Castroverde e arrededores. Invítovos a que os coñezades máis a fondo. Eles son Cone Juan Morado, Xesús Trashorras, Manuel Vázquez, Xesús Bermúdez Tellado, Sonia Melón, Edu Carreira e Eduardo Carreira.






1 visualización

Comments


bottom of page