top of page
  • Foto del escritorMarta Cuba

O pracer da chuvia





Mañan, venres 11, terei o pracer, non so de acompañar con danza, a presentación de O pracer da chuvia en Valonga, senon tamen de coñecer esas xeografías que de algunha maneira xa coñecín a traves da lectura.

O pracer da chuvia lévanos a unha lingua propia do galego rural e da forma de traballar o campo da provincia de Lugo. A lingua é creadora de universo, está viva cando a creación vive, pero si ésta morre, finan tamén inevitablemente as palabras que lle deron vida. Esas palabras rescatadas da memoria leváronme por unha viaxe máxica de regreso aos vraos que pasei na aldea. As veces ocurre que as palabras trasládante a unha xeografía de maneira moito máis exacta do que o fai por exemplo o Google Maps. Podes sentir e ulir con precisión ese mesmo paraíso que sin dúbida o foi para moitos galegos. 

Hai unha frase no libro que me parece que resume moi ben o corpo que a unha lle queda ao rematar a lectura, para min esa frase é:

 “un non imaxinaba o lonxe que pode estar o que está cerca”

1 visualización

Comments


bottom of page