top of page
  • Foto del escritorMarta Cuba

Setestrelo

Con motivo da publicación deste interesantísimo traballo de Manuel Gago e Xosé Antonio López Silva, titulado Setestrelo, fundador das primeiras cidades galegas gustaríanos adentrarnos no simbolismo propio deste mito, así como do número 7 cuxa principal referencia xa a atopamos no mito de creación do mundo, Deus creou o mundo en 6 días, e ao séptimo descansou. Tamén neste mito fundacional de Galicia temos os números 6+1, que non por casualidade se conservan, a día de hoxe, no noso escudo. O mito que traemos hoxe aquí recolle, partindo da cidade de Toledo, a explicación, nunha narración fundacional, da orixe de varias cidades galegas, con Lugo á cabeza. Está incluido no Códice de Roda, un manuscrito escrito en latin do século X, en concreto dentro da obra Historiae adversus paganos de Paulo Orosio. O Códice de Roda trátase dunha das fontes  historiográficas básicas para coñecer a Península Ibérica da Alta Idade Media. Hoxe en día presérvase na Real Academia da Historia, en Madrid.


Para comezar poñeremos en contexto ao autor desta obra titulada Historias contra paganos. Según recolle a Wikipedia, Paulo Orosio foi un sacerdote, historiador e teólogo hispano, posiblemente natural de Bracara Augusta (o que hoxe se coñece como Braga, Portugal). Aínda que hai algúns interrogantes sobre a súa biografía, como a data exacta de nacemento, sábese que foi unha figura de gran prestixio desde o punto de vista cultural, dado que tivo contacto coas grandes personalidades da súa época, como Agustín de Hipona ou Jerónimo de Estridón. Para relacionarse con eles viaxou por cidades da costa meridional do mar Mediterráneo, como Hipona ou Alexandría. Devanditas viaxes determinaron a súa vida e a súa produción intelectual. Con san Agustín non só conversou sobre temas teolóxicos, senón que puido colaborar con el na elaboración da obra A cidade de Deus. Ademais, éste o elixiu no 415 para viaxar a Palestina e intercambiar información con outros autores, o que tamén lle permitiu participar nun concilio en Xerusalén e, de volta, portar as reliquias de san Esteban. Finalmente, a súa data de falecemento tampouco se sabe con exactitude, aínda que, en calquera caso, non parece posterior a 423.​ Ao longo da súa vida escribiu tres obras, de entre as cales sobresae a chamada Historiæ adversus pagáns. Trátase dun dos libros con máis repercusión da historiografía no paso da Idade Antiga á Idade Media, así como da hispana de todos os tempos. Ademais, é o escrito no que o autor pon de manifesto a súa metodoloxía histórica. É basicamente unha narración histórica desde os primeiros tempos ata o momento no que vive, aínda que dando un papel preeminente aos pobos pagáns.

Traemos a continuación unha imaxe do texto traducido ao galego por Manuel Gago e Xosé Antonio López Silva. Neste enlace está o traballo completo, no que se incluen comentarios sobre as súas claves xeográficas, a conexión coa tradición popular galega e o seu posible contexto histórico.


Interésanos particularmente o contido simbólico deste relato, pois ainda que hoxe en día se desprece con facilidade o valor de coñecemento que ofrece o mito, ben sabemos que este tipo de relatos fálanos de realidades moito máis amplas e verdadeiras que os feitos históricos literais. O principio básico do simbolismo son as leis da correspondencia, de maneira que cada cousa traduce, na súa orde de existencia e según o seu modo propio, o principio metafísico que é a súa profunda razón de ser. A interpretación metafísica dun símbolo non exclúe a súa significación histórica, máis ben é consecuencia daquela. 


O setestrelo e as 7 estrelas

O protagonista heróico do relato ten un nome nada casual, que é Septem Sidero en latín, e que en galego se traduce por Setestrelo, “o grupo de sete estrelas pertencentes á constelación do Touro, que destacan sobre as demáis” (DRAG). Trátase do nome tradicionalmente dado en Galicia ó asterismo da Osa maior, tamén coñecido polo Gran Carro ou o Cazo. As Pléiades ou as sete irmás son tamén unha constelación de 7 estrelas de gran importancia capital para diversos pobos. Ainda que son 7, en realidade poderíamos decir que son 6+1, a irmá perdida, pois soamente 6 poden verse a simple vista no ceo nocturno.

Na mitoloxía grega, as Pléiades eran as sete fillas do titán Atlas, quen se viu obrigado a soster o ceo pola eternidade e, por tanto, non puido protexer aos seus fillos. Por esta razón e para salvalas de ser violadas polo cazador Orión, Zeus transformounas en estrelas. Tamén se di que que Zeus transformounas en pombas ou que eran fillas de Atlas e cando este foi castigado a transportar a bóveda celeste, as Pléiades por pena suicidáronse e Zeus levounas ao ceo transformadas en estrelas. As Pléiades, como as Híades, son parte da constelación do Touro. Tamén moitos narradores nativos norteamericanos coinciden en recitar unha lenda na que as Pléiades eran orfas que se retiran ao ceo e se converten en estrelas porque os membros da súa tribo non as coidaban nin as querían. Ao igual que as Pléiades, tamen as Hespérides son fillas de Atlas (as Atlántidas), hesper en grego e vesper en latín, a tarde, é dicir Occidente. Atlas é considerado como o rei da illa occidental, é dicir da Atlántida.

Según a mitoloxía grega, todas as Pléiades tiveron relacións con algún deus, excepto a máis pequena das irmás, Mérope, que se uniu a un mortal, e por iso é a estrela menos brillante do grupo (a que non se pode ver a simple vista). Tamén Hércules foi un semideus (fillo dun deus e unha mortal) cuxos traballos tamén foron postos en relación, polos romanos, coa xeografía do Mediterráneo occidental. Na antigüedade e na Idade Media ésta era unha maneira de comprender o mundo, o texto estaba intrínsecamente relacionado coa xeografía do espacio exterior e o espacio interior, ao mesmo tempo que se falaba de realidades xeográficas e históricas podíase falar tamén de realidades espirituais, pois a cosmovisión que caracterizou esta época tiña unha forma de comprender o mundo que integraba a completitude do universo, sendo o mito a mellor forma para expresar estas realidades.

A constelación das Pléiades é visible no ceo desde os meses de Maio a Outubro, foron consideradas como referencia do inicio do período de navegación polo que os mariñeiros téñena en gran estima, non é casual tampouco que Galicia seña un pobo de mariñeiros.

Xa desde a antigüidade relacionouse o nome co de Peléyades (πελειάδες, ‘pombas’). Así é como as chamaba Hesíodo na súa obra perdida Astronomía. Na Odisea améntase a unhas pombas que levan a ambrosía a Zeus; a poeta Mero de Bizancio, no período helenístico, indica que Zeus mandou a esas pombas que fosen mensaxeiras do estío e do inverno. Esta función de indicar as datas dos comezos do verán e do inverno era cumprida tamén polo orto helíaco e o ocaso cósmico da constelación das Pléiades.



Posiblemente a primeira representación astronómica das Pléiades na cova de Lascaux, Francia. As lendas sobre esta constelación poderían ser as máis antigas do mundo. 

Non nos cabe duda tampouco que este vínculo coas pombas poida verse traducido no caso de Galicia, coas galiñas, representadas nese medallón de bronce atopado preto da fervenza do río Xallas, en Carnota, no século XIX.




Coincidentes coa migración das aves (=a migración das almas), consideradas psychopompas por aparecer e desaparecen polo mesmo cerco que o sol o primeiro de maio e o primeiro de novembro (Santos e Defuntos), as Pléiades denomínanse «a galiña cos pitiños de ouro» en toda a Europa alto medieval.

En Tailandia, as Pléiades reciben o nome de Dao Luk Kai ou as “estrelas pitiño”. Curiosamente, as Pléiades tamén se asemellan aos pitos en moitas linguas e culturas europeas antigas, probablemente polo seu lugar na mitoloxía nórdica como galiñas de Frejya.

Tampouco é casual que o mito fundacional de Europa recolla o momento no que Zeus, disfrazado de touro, consegue namorar a Europa e que o feito se produza baixo a constelación das Pléiades. Tamén neste mito fundacional de Galicia faise referencia a duas columnas, as que transporta Hércules nun dos seus 12 traballos, e que son instaladas para separar África de Europa.

Cremos necesario tamén facer referencia ao simbolismo do xabalí e a osa do que René Guénon nos fala no libro “Simbolos fundamentales de la ciencia sagrada” e que transcribimos a continuación:

En la misma tradición, el nombre más común de la Osa Mayor es Sapta- Rksha; y la palabra sánscrita rksha es el nombre del oso, lingüísticamente idéntico al que se le da en otras lenguas: el céltico arth, el griego árktos, e inclusive el latín ursus. Empero, cabe preguntarse si es ése el sentido primero de la expresión Sapta-Rksha, o si más bien, en correspondencia con la sustitución a que acabamos de referirnos, no se trata de una especie de superposición de palabras etimológicamente distintas pero vinculadas y hasta identificadas por la aplicación de cierto simbolismo fónico. En efecto, rksha es también, de modo general, una estrella, es decir, en suma, una “luz” (archis, de la raíz arch- o ruch- ‘brillar’ o ‘iluminar’); y por otra parte el Sapta-Rksha es la morada simbólica de los siete Rshi, los cuales, aparte de que su nombre se refiere a la “visión” y por lo tanto a la luz, son además las siete “Luces” por las cuales se trasmitió al ciclo actual la Sabiduría de los ciclos anteriores. La vinculación así establecida entre el oso y la luz no constituye, por lo demás, un caso aislado en el simbolismo animalístico, pues se encuentra algo semejante para el lobo, tanto entre los celtas como entre los griegos, de donde resultó la atribución de ese animal al dios solar, Belen o Apolo. En cierto período, el nombre de Sapta-Rksha no fue aplicado ya a la Osa Mayor sino a las Pléyades, que comprenden igualmente siete estrellas: esta transferencia de una constelación polar a una constelación zodiacal corresponde a un paso del simbolismo solsticial al equinoccial, que implica un cambio en el punto de partida del ciclo anual así como en el orden de predominio de los puntos cardinales, los cuales están en relación con las diferentes fases de ese ciclo. Tal cambio es del norte al oeste, que se refiere al período atlante; y esto se encuentra netamente confirmado por el hecho de que, entre los griegos, las Pléyades eran hijas de Atlas y, como tales, llamadas las Atlántidas. Las transferencias de este género son, por otra parte, causa frecuente de múltiples confusiones, pues los mismos nombres han recibido según los períodos aplicaciones diferentes, y ello tanto para las regiones terrestres como para las constelaciones, de modo que no siempre es fácil determinar a qué se refieren exactamente en cada caso, e inclusive no es realmente posible sino a condición de referir las diversas “localizaciones” a los caracteres propios de las formas tradicionales correspondientes, como acabamos de hacerlo para las del Sapta-Rksha.

Para os pobos europeos da Idade de Bronce, como os celtas (e probablemente moito antes), as Pléiades estaban tamén asociadas ao loito e aos funerais. Esta asociación existía xa que nesa época da historia, no día de cruzamento de cuartos entre o equinoccio de outono e o solsticio de inverno era unha festa dedicada ao recordo dos mortos, xa que as Pléiades elevábase no ceo oriental cando a luz do sol desvanecíase pola tarde. A partir desta saída acronímica, as Pléiades asociáronse coas bágoas e o loito. Acaso, ainda que solo seña polo parecido fónico non poderían ter relación as Pléiades coas plañideiras.


Fillas de Pleione e Atlas: Merope, Asterope, Selene, Taygeta, Maia, Alcyone e Electra.

E neste punto compre vincular este particular grupo de estrelas con outro máis grande e moi presente tamén na mitoloxía galega. Non é outro que a Vía Láctea.

Vía láctea

Ademais de simbolizar o camiño xacobeo de peregrinación a Santiago hai quen defende que o propio nome de Galicia procede da grego Galaxia (lácteo). Pero a Vía Láctea non só resulta máxica e enigmática para os camiñantes xacobeos, podemos observar que foi obxecto de culto e admiración en moitas outras culturas. Dous son as relacións principais: os ríos e as serpes. A través destes dous elementos totémicos a Vía Láctea convértese nun camiño de ligazón entre a terra e o ceo, entre o efémero e o sacro, entre o alto e o baixo. Os indios relacionan nas súas orixes o seu río sacro, o Ganges, coa Vía Láctea. Os antigos exipcios vinculábana ao Nilo, que tras facer fértiles as terras, elevábase ao ceo para regar tamén a morada dos deuses. Para os chineses este rastro de luz no ceo era o camiño das almas cara ao outro mundo, a través do río celeste. Nesta liña, os pobos antigos chegados ao Occidente vían na Vía Láctea unha guía cara á illa dos mortos, nun roteiro que concluía no lugar onde comezaba o que os romanos chamaron o “mare tenebrosum”. Os viquingos interpretábana tamén como o camiño seguido pola alma dos mortos. Polas súas propias características, o Camiño de Santiago foi visto como un roteiro vinculado nas súas orixes remotas á Vía Láctea, en esencia o roteiro das estrelas e da luz. Na Visión, de Hermes Trismegisto podemos ler acerca da Vía Láctea: “Fíxate, Hermes, que na Oitava Esfera hai un gran misterio, porque a Vía Láctea é o sementeiro das almas, que desde alí caen nos Aneis, e a ela regresan outra vez desde as rodas de Saturno. Pero algunhas non poden subir a escaleira de sete banzos dos Aneis, de modo que deambulan pola escuridade inferior e son arrastradas á eternidade coa ilusión dos sentidos e a practicidad.”

A través do vínculo entre o tan extendido mito da pita cos pitiños (Pléiades) e os ovos de ouro que aparece ao longo e ancho da nosa xeografía, podemos ver a estreita relación entre o ceo e os maniantiais de auga doce, os ríos, as fontes, regatos e mouras (as serpes). 

O sumbolismo da auga tan ancestral xunto co da luz propio das estrelas é unha constante en moitas mitoloxias. 

No número 25 do Anuario Brigantino, nun artigo de Manuel Albeiro podemos ler o seguinte texto:


En la mitología de los antiguos griegos, se puede ver la primordial importancia del agua en el proceso de creación de dioses y seres humanos. En 700 a.C. Hesiodos escribió que al principio del mundo, del caos existente nació la Tierra de amplios pechos, llamada Gaia. Gaia parió después al Mar y a los siete gigantescos Titanes, siendo el mayor de ellos Okeanos, que era considerado por los griegos como el agua primigenia. Con su hermana Thetys tuvo Okeanus seis mil hijos: todos los manantiales, arroyos, ríos y lagos alrededor del mundo, y su espíritu está aún presente en todas esas fuentes de agua. Los griegos llamaban al Océano “La Corriente en remolino, o espiral”, y el propio Aquiles habla en una ocasión de “la profunda y poderosa Corriente del Océano, origen de todos los ríos, mares, y manantiales y pozos profundos que existen”. En los manantiales vivían las nayades, bellas y jóvenes ninfas acuáticas, que a diferencia de las nereidas, las ninfas marinas hijas de Nereus, tenían su residencia en cursos de agua dulce, y dotaban a fuentes y pozos con singulares propiedades curativas y proféticas. Cualquiera que realizara ofrendas a estos acuáticos lugares con humildad y sinceridad podría obtener una respuesta apropiada a sus problemas o dilemas. Estas creencias, acerca de los poderes de los cursos de agua, eran también comunes en la antigua civilización de China. En uno de sus mitos, el Emperador Wu Ti navegó contra corriente a lo largo del río Hogang Ho hasta alcanzar su nacimiento en la Vía Láctea. Continuó su viaje a través de esa imponente corriente celestial, que flota alrededor del Universo, hasta donde se une al lejanísimo océano del mundo en el horizonte oriental, lugar donde están situadas las Islas de la Suprema Felicidad. En la India, las gentes creían en las Apsaras, ninfas celestiales acuáticas que tocaban el laúd, y en Japón en dragones acuáticos. Creencias similares eran también comunes en los países escandinavos, entre los Cherokees y otros pueblos autóctonos de Norte-América, los pueblos semíticos, los lituanos y los eslavos, los kalmukos, y otros pueblos antiguos y primitivos.
Otro ejemplo de agua dulce con efectos mágicos es el del rocío. En las regiones célticas de Irlanda, Cornualles, Gales y Escocia, una de las costumbres más tradicionales al celebrar el 1 de Mayo era la realizada por las jóvenes de cada aldea, que, al amanecer de ese día, se dirigían al prado más cercano para lavarse la cara con agua del rocío. En muchos casos llegaban incluso a desnudarse por completo y revolcarse en la hierba, para así aprovechar mejor las excelentes propiedades de ese agua, a la que creían capaz de proveer salud y belleza, suerte en el amor, un buen esposo, y otros varios beneficios. La eficacia de esta agua del rocío podría ser debida a su liminalidad: es utilizada al amanecer, cuando no es ni de día ni de noche, en la mañana del 1 de mayo, cuando no es ni invierno ni verano, no es agua de lluvia ni agua de mar, de río o de manantial, y no viene ni de arriba ni de abajo. Este es el mismo caso del muérdago, también venerado por los antiguos celtas, que no crece del suelo, y no es ni arbusto ni árbol.


Ilustración de Gustave Doré en la Divina Comedia.

Na cultura exipcia fálase das Sete Hathor, que foron nomeadas nun feitizo do Libro dos Mortos e os nomes que recibiron foron: a “Señora do Universo”, a “Ceo de tormenta”, a “Que oculta, que preside o seu lugar”, a “Ti, de Khemmis”, a “Pelo vermello”, a “Vermello Brillante” e a “O teu nome prevalece sobre Occidente”. A tradición marcaba ofrecer oracións polos mortos na dirección das Pléiades, para comezar a viaxe ao paraíso das estrelas distantes. As “Sete Hathor”a miúdo asociadas a un rabaño de vacas en ceo que proporciona o alimento, o pan e a cervexa, no Outro Mundo. 


O disco de Nebra, do c. 1600 a. C., atopado a un sitio en Nebra, Sajonia-Anhalt, Alemaña, é un disco de bronce duns 30 cm de diámetro, patinado azul-verde e con incrustaciones de ouro con símbolos que interpretados por algúns como un sol ou a lúa chea e as estrelas, incluíndo ás Pléiades.





Referencias


1 visualización

Comments


bottom of page