top of page

Ouro

A cavidade interna é o teu ser

miradas.gif
monte_louro2.gif

Hai moitas formas de atopar ouro, monte Louro é unha delas. Nunha das súas ladeiras ábrese un gran buraco coñecido como 'Profundo de monte Louro'. Un boi muxe nas noites de temporal para custodiar o tesouro que agocha o máis profundo do monte de ouro. E o temporal será sempre unha forma de achar o
tes-ouro.

Montefurado é outra delas, un monte furado polos romanos para desviar a canle do río Sil, polo visto escondía ouro no seu leito. Levaron o ouro e deixaron o furado. Mais nós sabemos que a riqueza provén do que existe, pero o valioso provén do que non existe.

montefurado.gif
monasterio.gif

No mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil tamén houbo aneis de ouro, foron nove, para nove bispos: Isauro, Mirarasio, Gonzalo Osorio, Froalengo, Servando, Viliulfo, Pelayo, Alfonso e Pedro. Un anel para o trono escuro ou para os palacios de pedra, un anel para a terra das sombras, outro para a terra dos mortos.

Asentamento castrexo, mosteiro, castelo militar, residencia do mariscal Pardo de Cela, obxecto de ataque polas revoltas irmandiñas, residencia episcopal, casa consistorial, xulgado municipal,

punto de información turística, sala de exposicións ou museo. O Castro de Ouro érguese sobreo o Val de Ourolugar de importancia estratéxica cando a estratexia

e o ouro tiveron cita neste lugar.

Coñece a honra, mantente na humillación, vólvete val do mundo.

valadouro.gif
bottom of page