top of page
Charlas divulgación
A arte é, para min, un medio para coñecer. Por iso é polo que a divulgación se converte en parte fundamental da miña práctica artística. Tiven a oportunidade de compartir as miñas investigacións sobre o simbolismo do xardín grazas ás residencias de creación que apoiaron o proxecto de Venera: a residencia artística de HortArt, en Valencia, e a residencia de creación do Coliving Artístico de Lugo.

O proceso de investigación sobre o simbolismo do xardín toma como punto de partida o tema artístico do hortus conclusus. Neste proceso doulle continuidade á comprensión do xardín cerrado medieval, actualizando a súa significación simbólica conectada á do paraíso como símbolo do centro. A relación entre o simbolismo do templo cristián, o xardín e o corpo, serviron de base ao proxecto de Venera.
Nesta charla invítase os asistentes a un percorrido, a través da arte, a partir dos catro niveles de coñecemento ou achegamento divino que están presentes na palabra hebrea para paraíso: PaRDeS, cuxo significado alude especificamente a un horto de frutais e no que nos iremos adentrando nunha viaxe pola riqueza simbólica do xardín. Descubriremos tamén a súa relación cos tempos da agricultura, o vínculo entre o xardín e o horto, que alude á noción tripartita do xardín cerrado medieval, en relación cos tres tempos do ciclo da terra (sementa, xerminación e recolección). Desde o momento en que somos expulsados do xardín primordial, vémonos abocados a percorrer un vector intermedio que atravesa os tres tempos do xardín, que na tradición cristiá son: o xardín do paraíso, o da agonía e o da resurrección. Ese axis mundi é o desexo mesmo, que vai do que aínda non é psíquico/espiritual (ter sede e ter fame) aos máis altos alcances psíquicos/espirituais do ser humano: o Amor.
Ponte en contacto comigo se che interesa programar este tipo de contidos:
martacuba@gmail.com
bottom of page