top of page
Gravados
Pezas nas que o dixital atópase co manual, talvez coma un reflexo dese período no que dediquei un ano de excedencia laboral a realizar o máster de técnicas tradicionais de gravado na Fundación CIEC de Betanzos. A experiencia de ruptura cun mundo que parece abocarnos á deshumanización en favor da tecnoloxía comezou con estas estampas realizadas mediante técnicas de gravado clásicas: calcografía, litografía, xilografía e serigrafía como medios para retomar a senda do humano. Algunhas están feitas directamente sobre tea, outras estampadas sobre papel de algodón, no que tamén interveño mediante fío e agulla. O resultado son pezas que están a medio camiño entre o gravado contemporáneo, a arte téxtil e o lenzo pictórico.
bottom of page






















