top of page
  • Foto del escritorMarta Cuba

Tesouros e mapas





Fai un par de anos estampei un mapa de Galicia (bastante subxectivo, sí) nun retal de tela que daquela considerei un boceto, unha proba que de sair ben reproduciría noutra tela un pouco máis limpa, un pouco menos cutre. A tela en cuestión era un deses “trapos” reciclados pola miña nai dunha sábana que moi probablemente podería ter séculos, pois as sábanas e as toallas na miña casa séguense usando ata case converterse en papel de fumar. O trapo en cuestión tampouco era calquer trozo rasgado de tela (o que eu faría para convertilo en trapo), senon que estaba axeitadamente rematado polos seus extremos. Unha sábana que xa non sirve reconvertida nun trapo de valiosa utilidade e cunha nova e longa vida. 

O caso é que a estampación noutro tipo de telas recén mercadas e sen historia non funcionou tan ben. Noutra ocasión decidín empezar a bordalo, as veces venme a resposta a unha conversa despois de pasados meses, ou a comprensión de algo que vin fai tempo, así tamén me sucede coas miñas creacións, preciso dunha especie de tempo circular ou estrañamente entrelazado para continuar a conversa iniciada con elas, o máis difícil é descubrir se había ou non algo de verdade nelas. 

7 visualizaciones

コメント


bottom of page